252776

3 Repara na similitude de fóra, agás, salvo e senón e explica en voz alta o significado de cada enunciado, sen usares ningunha destas formas. Fóra dous ou tres, todos os amigos viñemos no autobús das dez. Non temos a quen mandar, senón a rapaza cando veña da escola. A sinistralidade mortal descendeu en todos os sectores, agás na agricultura e na pesca. Non houbera nesta terra beleza que lle igualase, salvo dona Inés de Castro, da casa de Lemos. 4 Completa as seguintes oracións coa forma do verbo ir que corresponda. Para podérmolos apreciar mellor, velos actuar en directo. Lembro que, nada máis almorzar, ti ao monte a apañar toxo. Chegou aviso para que todos os cabaleiros axiña xuntarse coas tropas do conde. Señor Xosé, , dar un paseo coa avoa pola estrada adiante. E logo?, non me dixestes que lles dar de comer aos meus pitiños? Pois nós escribirlles desculpándonos, pero vós non ir á voda. 5 Ir + infinitivo é unha perífrase verbal que indica futuro; tamén pode ser un verbo de movemento seguido dunha oración de infinitivo, que indica a finalidade ou obxectivo do desprazamento. Le estes enunciados e explica a diferenza a través deles. Así que a desatou, a cobra díxolle: «Agora voute comer» (perífrase). Pois eu agora vou (a) comer con Tino / Pois eu agora vou, axiña, (a) comer con Tino / Pois eu agora vou a Noia (a) comer con Tino (non perífrase). Explica en que oracións do exercicio 4 hai unha perífrase verbal. 6 A perífrase verbal ir + inf. nunca leva a prep. a; a outra construción, en cambio, admítea. Di en cales destes casos sería posible. Tornou a dicir que non resistía e que ía caer se non a baixaban axiña. Non vos desacouguedes, imos acabar decontado. Pois agora mesmo vou aló buscalas. Vaille contar esas andrómenas a outra. Que vai vir! Tenche medo! Fórono traballar todos e non o acabaron. 7 Escribe unha oración con cada unha das seguintes perífrases verbais. haber (+ de) + infinitivo ir + xerundio dar + participio ter + participio 8 Explica oralmente a que parte da cabeza corresponden estes nomes. queixo meniña testa capela do ollo faceira pestana sobrecella queixada sen papo da orella canteiro caluga Responde. Coñeces outros nomes para as mesmas partes? Que outras partes da cabeza poderías nomear? O acento diacrítico (I) O acento diacrítico permite distinguir graficamente palabras que se pronuncian de xeito diferente, pero que se non o levasen se escribirían igual , porque dispomos de só cinco letras para sete fonemas vocálicos distintos. Este acento úsase só nunha lista pechada de formas, non en todas as parellas posibles con vogais diferentes grafadas coa mesma letra . Sobre as letras <e, o> o acento indica adoito que a vogal é aberta . Sobre a letra <a> tamén pode indicar que a vogal é máis longa como resultado da contracción de <aa>. 9 Pronuncia de forma contrastada estas parellas e explica a diferenza de significado. bola / bóla có / co so / só compre / cómpre dó / do oso / óso no / nó cos / cós ó / o fora / fóra vós / vos póla / pola 10 Pon o acento gráfico onde cumpra e le de xeito adecuado as distintas formas. ven (pres. de vir) / ven (pres. de ver) / ven (imp. de vir) presa ('prendida') / presa ('apuro') / presa ('presada') se (conx.) / se (pron.) / se ('sede eclesiástica') te (nome de letra) / te ('infusión') / te (pron.) pe ('parte do corpo') / pe (nome de letra) 11 Le o texto atentamente e acentúa as palabras subliñadas se o precisan. Vai axiña , a correr, cas Dorinda levarlle esta rosca a af i l lada da mamá , a ver se chegas a t empo, que as veces marchan moi cedo. Sempre lle souberon máis a s mi ña s ca s qu e l e v a o p anad e i ro . A v o l t a , xa t e col le t eu pai no cruceiro do camiño que vai cara a ermida . Pero insisto, vai a escape. 1 21

RkJQdWJsaXNoZXIy