Que é a literatura? A pal abra lit eratura provén da l atina l ett era ( ' l etra' ) e, nun principio, referí ase a obras escritas de cal quera tipo; co t empo, pasou a designar as obras compostas cunha finalidade estética . A literatura é a arte que emprega a palabra , oral ou escrita , como vehículo de expresión . Verso e prosa As obras literarias poden estar escritas en prosa ou en verso. O verso identifícase cunha forma de composición que pretende crear certas impresións rítmicas. O ritmo conséguese coa reiteración de unidades limitadas por pausas e cunha determinada cadencia . Xeralmente, os elementos que se reiteran para favorecer o ritmo son o número de sílabas, o esquema acentual e a rima . Os versos adoitan estar agrupados en estrofas: pareados, tercetos, cuartetos… A prosa carece, xeralmente, desa impresión rítmica tan marcada , xa que nela non adoitan reiterarse unidades de estrutura similar e as pausas, os acentos e os sons están distribuídos con outras finalidades. O verso. A métrica Para analizar a métrica dunha composición , cómpre estudar tres aspectos: a medida dos versos, a exi stencia ou non de rima e o seu tipo, e a eventual combinación dos versos en estrofas. A medida dos versos A medida dun verso vén dada polo seu número de sílabas. Para computar as sílabas hai que ter en conta dúas normas: se o verso acaba en palabra aguda , súmase unha sílaba ; se acaba en esdrúxula , réstase unha sílaba . Se non te vexo cos ollos, 8 – Bergantiños, boa terra , 8 a cos ollos do corazón 8 – (7+1) vexo as túas doces veigas. 8 a Eduardo Pondal Con todo, hai certas licenzas métricas que fan que as sílabas métricas non se correspondan exactamente coas sílabas fonéticas. Son as seguintes: A sinalefa. Cando unha palabra remata en vogal e a seguinte empeza por vogal , as dúas sílabas fonéticas poden contarse como unha soa . A diérese. Interprétase como hiato un ditongo e, en lugar dunha sílaba , compútanse dúas. Adoita marcarse con dous puntos sobre a primeira vogal . Arrepuïñadas todas / as carnes se me puñeron […]. Rosalía de Castro A sinérese. Interprétase como ditongo un hiato, o que permite computar unha sílaba en lugar de dúas. […] das aves aquelas / do pico tamaño / que soen retirarse / dos rudos traballos […]. Eduardo Pondal 1. 2. 3. 1. A literatura e as súas formas 22 E D U C A C I Ó N L I T E R A R I A
RkJQdWJsaXNoZXIy