Segundo o seu número de sílabas, os versos poden ser de dous tipos: Son de arte menor os versos que teñen menos de nove sílabas: bisílabos, trisílabos, tetrasílabos, pentasílabos, hexasílabos, heptasílabos e octosílabos. Son de arte maior os versos de nove sílabas ou máis: eneasílabos, decasílabos, hendecasílabos, dodecasílabos, tridecasílabos, alexandrinos… A rima A rima é a repetición dalgúns fonemas en dous ou mái s versos a partir da última vogal acentuada de cada verso. Pode ser consonante, se se repiten todos os fonemas, ou asonante, se só se repiten os fonemas vocálicos. Penedos de Pasarela cando vos vexo, penedos, suspiro de amor por ela . Eduardo Pondal Non quero nada contigo, que ti es bravo coma as xestas e negro coma un chamizo. Popul ar Nunha composición tamén pode haber versos sen rima . Segundo o tipo, estes poden ser libres ou brancos. Na análise métrica , a rima dos versos represéntase cunha letra maiúscula , se estes son de arte maior, e cunha minúscula se son de arte menor. A ausencia de rima nun verso solto represéntase cunha raia . A estrofa e o poema As estrofas son agrupacións de versos que seguen un esquema fixo. A tradición literaria foi consolidando di stintos tipos de estrofas segundo o número e a medida dos versos e a distribución da rima . Un poema é un t exto en verso. Ás veces, os seus versos agr úpanse nunha ou en varias estrofas; por exemplo, un soneto é un poema composto por dous cuartetos e dous t erceto s . Outras v ece s , o s v ers o s int égranse en ser i e s sen formar e strofas , como ocorre nos romances. Recursos estilísticos Na literatura , os autores modulan a linguaxe e utilizan certos recursos para incrementar a súa capacidade expresiva . Desta forma , tratan de xerar determinadas impresións no lector, non só a través do contido, senón tamén por medio da forma lingüística en que ese contido se presenta . Os recursos esti lí sti cos empregados na linguaxe lit erar i a poden cl asi f i carse en dous grandes grupos: tropos e figuras de estilo. Tropos Os tropos son recursos que consisten , basicamente, en denominar un concepto a través dunha palabra ou dunha expresión que non é a habitualmente empregada para referirse a el . Son procedementos deste tipo os seguintes: Metáfora . Consi st e en identif icar dúas nocións entre as que se establece unha relación de semellanza . Poden aparecer os dous termos que as designan de forma explícita , ou pódese substituír un deles polo outro. […] da boca do patrón saíu o primeiro disparo […]. Alberto Avendaño 4. 1 A poesía é o xénero en que máis se empregan os recursos estilísticos: sérvese deles para crear ritmo e suxerir sensacións. Versos sen rima Un verso l ibre non ten rima nin unha medida estable. O verso branco carece de rima, pero a súa medida é regular con respecto a outros versos da mesma composición. 23 E D U C A C I Ó N L I T E R A R I A
RkJQdWJsaXNoZXIy