252776

A publicidade tamén bota man de recursos lingüísticos co fin de chamar a atención do receptor. No cartel, o xogo semántico do slogan reforza a mensaxe. Alegoría. É un conxunto de metáforas relacionadas que permiten que o texto se lea nun sentido real e noutro figurado. Por exemplo, o poema «O galo negro», do libro de Cabanillas Vento mareiro, é unha alegoría sobre os caciques. Hipérbole. Consiste en esaxerar desmesuradamente os trazos a través dos que se presenta unha realidade. Toda a dor do mundo traballáballe nas gorxas coa fereza do lince. Xosé Luís Méndez Ferrín Metonimia . Consi ste en substituír o nome dunha cousa polo nome doutra que mantén coa primeira unha relación causal , espacial , temporal ou simbólica . […] houbo falas ledas e brillaron ouros ['moedas']. Ramón Otero Pedrayo Sinécdoque. Consi st e en designar o todo co nome dunha par t e, ou v ice versa . Adoita considerarse un tipo de metonimia , coa particularidade de que a relación entre os termos aquí é de tipo cuantitativo (parte-todo, singular-plural). Ex. espalmados leños: 'naves', ' barcos' (Eduardo Pondal). Ironía. Consiste en dar a entender o contrario do que se di . Que sorte e que ledicia / vivir neste mundo / tan ben feito, / tan xusto e tan feliz! Manuel María Figuras de estilo Nas figuras de estilo, fronte ao que ocorre nos tropos, empréganse as palabras habitualmente utilizadas para referirse aos conceptos que se queren designar. Pero, debido a algunha particularidade de tipo fónico, gramatical ou semántico –ou a varios deses aspectos de modo simultáneo–, existe un afastamento con respecto á forma de expresión usual . Por iso estes procedementos resultan especialmente suxestivos. 1. Figuras de repetición As figuras de repetición consisten na reiteración dalgún elemento que xa aparecera previamente no discurso. Ese elemento pode ser desde un fonema ata unha oración , pasando por morfemas, palabras ou frases. A repetición non sempre é literal , senón que o elemento reiterado pode incorporar lixeiras variacións. As f iguras de repetición contribúen a xerar det erminadas impresións fónicas e a remarcar certas ideas. Algunhas das máis habituais son as seguintes: Aliteración e onomatopea . A aliteración é a repetición dun fonema nun anaco pequeno de texto; se o elemento que se repite pretende imitar algún son ou ruído, falamos de aliteración onomatopeica. A bomba , bong! A bomba co seu bombo / de setas e volutas abombadas […]. Celso Emilio Ferreiro Anáfora. É a repetición dunha ou varias palabras ao inicio dunha serie de versos ou enunciados. Por amor nacín na terra . / Por amor son o que son . Darío X. Cabana E D U C A C I Ó N L I T E R A R I A 24

RkJQdWJsaXNoZXIy