Outono, sangue morto, aloumiño sen forza… Duplicación. É a repetición xustaposta dunha ou varias palabras. Miña terra , miña terra […]. Rosalía de Castro Polisíndeto. É a repetición dunha conxunción ao comezo de varias secuencias ou diante dos membros dunha enumeración . Un maio sen segas, / usuras nin preitos, / sen quintas nin portas / nin foros, nin cregos. Manuel Curros Enríquez Paronomasia. Consiste na colocación próxima dentro dun discurso de dúas palabras semellantes no son , pero diferentes no significado. [...] lindas e limpas moedas de ouro [...]. Ramón Otero Pedrayo Paralelismo e correlación. É a semellanza formal entre secuencias consecutivas. Cando esa semellanza está provocada pola coincidencia na estrutura sintáctica ou na disposición das palabras, fálase de correlación. Dios llo pague a miña nai , / que me puxo a costureira ; / vén a chuvia e non me molla , / vén o sol e non me queima . Popul ar Quiasmo. Consiste en inverter a orde dos membros ou das estruturas sintácticas de dúas secuencias consecutivas. Corre o vento, o río pasa , / corren nubes, nubes corren … Rosalía de Castro 2. Figuras de omisión Dun modo xeral , as f iguras de omi sión consi sten na supresión dun elemento lingüístico necesario para a configuración do texto. Isto dota o discurso de maior expresividade e, a miúdo, dun ritmo mái s rápido ou incluso dun carácter cor tado e abrupto. Entre eses procedementos inclúense os seguintes: Asíndeto. É a supresión das conxuncións ou enlaces entre elementos do enunciado para obter un discurso máis intenso e f luído. Outono, sangue morto, aloumiño sen forza [...]. Avilés de Taramancos Ceugma. Consiste en expresar unha soa vez un termo nun discurso, de xeito que despois da súa primeira aparición , o termo debe ser sobreentendido. Fora endiañada a travesía, bárbaros os tripulantes, avarento o capitán. Ramón Otero Pedrayo 3. Figuras de posición Trátase de procedementos que alteran a orde usual que os constituíntes da oración presentan na lingua común . Denomínase hipérbato a ruptura desa disposición . […] dos meus ensoños ilusión primeira […]. Ramón Cabanillas 1 E D U C A C I Ó N L I T E R A R I A 25
RkJQdWJsaXNoZXIy