252776

Vidreira que representa a musa da poesía. Na Antiga Grecia, as composicións líricas cantábanse e acompañábanse coa música dun instrumento chamado lira. Del tomou o seu nome o xénero. 4. Figuras de pensamento S on pro cedementos cun valor expresiv o baseado nos si gni f i cados das pal abras . Dentro deles, diferéncianse diversos tipos. Existe unha serie de figuras de pensamento denominadas lóxicas, porque xiran arredor dos vínculos lóxicos das ideas no discurso, en especial arredor da relación de contradición . Entre estas atópase a antítese, que consiste en contrapoñer palabras ou expresións de significación contraria . Era muller ás veces xiada como serpe, e outras como lapa quente. Ramón Otero Pedrayo Outro gr upo de f i guras de esti lo son as de di álogo e argumentación, qu e fan fincapé no discurso como acto de comunicación . Entre estes procedementos atópanse a apóstrofe, a comparación e o símil . –  A apóstrofe consiste en facer unha apelación directa e vehemente a unha persoa ou cousa , estea ou non presente. Ouh , castro de Remesende, / que te tes por tan fidalgo […]. Eduardo Pondal –  A comparación consiste en confrontar dúas realidades distintas para establecer entre elas semellanzas ou diferenzas. Cando existe unha relación de igualdade, falamos de símil. Estes procedementos exprésanse por medio de partículas comparativas: cal, como, igual ca… […] corazón latexante coma un fino cabalo desbocado. Otero Pedrayo Outro grupo de figuras de pensamento son as de ficción. Por medio delas, o autor presenta como reais situacións imaxinarias. Dentro destes procedementos destaca a personificación ou prosopopea, que consiste en atribuír calidades humanas a cousas inanimadas (concretas ou abstractas) ou a seres irracionais. A lúa é velliña / de brancos cabelos [...]. Luís Amado Carballo Os xéneros literarios Os xéneros literarios son categorías que nos permiten clasificar os textos literarios en virtude dos seus trazos comúns. Para o escritor, o xénero remite a un modelo establecido por autores precedentes do que parte no momento da creación, aínda que sexa para transgredilo ou amplialo. Para o lector, trátase dunha categoría recoñecible que lle xera un horizonte de expectativas sobre o contido e a forma do texto que vai ler. Para a sociedade, o xénero funciona axudando a caracterizar como literaria unha obra que talvez podería circular sen que se reparase na súa condición de obxecto estético. Os xéneros teñen un carácter histórico: son categorías que evolucionaron ao longo do tempo. Hai xéneros vencellados a unha época que, fóra dela, deixaron de ser cultivados. Na época clásica , a tradición estableceu tres grandes xéneros: O xénero lírico, caracterizado pola presenza dunha voz poética (que non se identif ica necesariamente coa do autor) que expresa os seus sentimentos e percepción do mundo. Son discursos marcadamente subxectivos. 5. E D U C A C I Ó N L I T E R A R I A 26

RkJQdWJsaXNoZXIy