252776

Formas narrativas en verso Algunhas das máis coñecidas son as seguintes: A fábula: escr i ta tamén en prosa, presenta un conflito entre dous ant agon i s t as e t ransmi t e unha ens i - n a n z a c o n q u e s e c r i t i c a n c e r t o s vicios; moitas veces está protagonizada por animais. A epopea: poema extenso que nar ra f e i t os he r o i cos l i gados á o r i xe mí t i ca dos pobos. O poema ép i co imita as antigas epopeas e canta as glorias dun pobo. O romance: poema de extens ión variable que narra asuntos diversos e que presenta a miúdo un ton popular e unha linguaxe sinxela. Representación teatral da obra Carabela, de Paula Carballeira. O xénero épico ou narrativo, que comprende as obras en que un narrador refire os feitos e as accións duns personaxes. O xénero dramático, que agrupa as obras escritas para seren representadas perante un público, mostrando a voz e as accións dos personaxes sen a inter vención dun mediador. A estes tres grandes xéneros sumouse, no século xviii, un novo: o xénero didáctico, integrado por obras que tiñan como finalidade a ensinanza e a divulgación de ideas, a través de formas como o ensaio. O xénero lírico As formas máis representativas do xénero lírico empregan o verso e caracterízanse, en consecuencia , polo ritmo e a musicalidade. Pero tamén podemos atopar poemas en prosa e textos en prosa poética, especialmente na literatura contemporánea . As formas da lírica son moi diversas e ás veces responden ao espírito dunha época . Algunhas proceden da literatura clásica , como a oda, composición de ton elevado e solemne que se emprega polo xeral para loanza ou exaltación de algo ou alguén , e a elexía, composición que expresa a dor causada por feitos desgraciados. Outras formas coñecidas son o himno, composición solemne en que o suxeito é voceiro dunha colectividade e canta en ton exaltado certas ideas, e loanzas a países ou comuni dades; e o epigrama, composición bre ve e enxeñosa que inici alment e tiña como tema a gabanza , pero que foi ampliando os seus contidos. Destaca , así mesmo, a canción, un tipo de composición ligada á oralidade e á música , de raíz popular, aínda que cultivada tamén por autores cultos; nesta cat egoría encádranse as cantigas medievais, amorosas ou satíricas. Unha forma que alcanzou gran difusión foi o soneto, de orixe italiana , capaz de acoller diversos asuntos e rexistros. O xénero épico ou narrativo É característica deste xénero a presenza dunha entidade de ficción , o narrador, que refire uns acontecementos encadeados temporalmente, é dicir, unha historia . Xeralmente, estas obras están escritas en prosa , pero tamén existen poemas cun mar - cado ton narrativo. As formas narrativas en prosa mái s destacadas son o conto, relato breve que responde polo xeral a un esquema narrativo sinxelo, e a novela, narración extensa de c a rá c t e r má i s c omp l e xo qu e m e stu ra e l em ent o s t e x tu a i s d e di st i nt a na tu rez a –descrición , diálogo...– e diversidade de voces, e que desenvolve tramas máis completas. O xénero dramático Como as obras dramáticas están concibidas para seren representadas, no xénero dramático hai que contemplar sempre unha dobre dimensión artística : a do texto dramático e a da representación. De acordo co desenvolvemento da trama , é posible distinguir tres grandes subxéneros dramáticos: A traxedia. Está protagonizada por personaxes elevados que se enfrontan a un destino adverso e que se ven arrastrados a un final desgraciado. A comedia. Está protagonizada por personaxes comúns que viven un conf lito da vida cotiá , resolto ás veces con humor e cun final feliz. O drama. Combina trazos da comedia e da traxedia : personaxes elevados e comúns, feitos cómicos e tráxicos, etc. Ao longo da historia estes grandes xéneros foron evolucionando e acolleron formas menores moi diversas: o entremés, o auto sacramental , etc. E D U C A C I Ó N L I T E R A R I A 1 27

RkJQdWJsaXNoZXIy