252776

A N T O L O X Í A D E T E X T O S 1 Indica as partes en que se pode dividir o texto tendo en conta a contraposición entre medo e alegría. Sinala que outra oposición de elementos axuda a diferenciar esas dúas partes. 2 Identifica no relato os elementos que funcionan como indicadores temporais. Analiza e responde: que oposición temporal divide o texto en dúas partes? Explica a resposta. 3 O medo é o sentimento dominante no relato. Localiza algún símil e algunha hipérbole que contribúan a expresar de forma amplificada a realidade que xera ese sentimento no protagonista. 4 Un dos personaxes desta narración é un aparecido. Procura información e escribe un breve texto en que expliques en que medida os temas de ultratumba foron recorrentes na narrativa galega curta do século xx. A C T I V I D A D E S Aleluia O meu cuarto tiña un teito moi alto. Enriba da porta había un gran montante de vidros. Non sei como ollei para alí . Pegada aos vidros estaba unha cara horríbel , aterrecedora ; a faciana máis abraiante que ninguén poida imaxinar. Era unha faciana moura , de guechos longos, con pelas de terra barrenta nas meixelas. Era o home da cachaba , que viña por min . Debía ser un xigante para chegar coa testa por riba da porta . As cuncas dos ollos tíñaas baleiras. Fóra , falando co sereno, rían ás gargalladas. Entraría? Si; entraba ... Todo o peor tiña que acontecer. Abriu a porta cunha chave. Por que non deixaría eu a miña na pechadura? A porta foi virando engordiño. Un home pasou . Era un defunto que viña do cemiterio. Traía habitelos de frade. As botinas e as mans tamén tiñan pelas de terra . Sentouse na cadeira onde eu deixara a roupa . Petaba cunha man na caixa do peito, e soaba oco coma un ataúde baleiro. Abriu a boca ; non tiña lingua . E daba , daba no piso coa súa maldita caxata . A cadeira , sen que el fixese nada por movela , viña esvarando cara ao leito. Estaliquei o brazo; a cadeira volveu andar. Volvino estalicar ; e a cadeira parou . E estiven co brazo estalicado non sei canto tempo. Xa non podía máis. Sentín que me trincaban o corazón ... Abrín os ollos. Non había tal home alí . Pola fiestra entreaberta chegaba a primeira luz do día . Tictac, tictac, facía o espertador na mesa de noite. Pareceume que todas as campás das igrexas do mundo tocaban a Gloria . Nunca na miña vida me sentín tan ledo. Brinquei do leito e abrín a fiestra . A fermosura do abrente estoupaba en rexoubantes cores. E peguei este berro: Aleluia! Xa nunca volvín soñar con aparecidos. Ánxel Fole, Á lus do candil (adaptación) 28

RkJQdWJsaXNoZXIy