1 1 Contesta. Como se presentan graficamente as anotacións e as intervencións dos personaxes? Que tipo de información achegan as anotacións? 2 Explica, a partir da información achegada nas diferentes partes do texto, como sería a escenografía na representación desa escena. 3 Procura información sobre o argumento da obra de Vidal Bolaño As actas escuras, a que pertence este fragmento. Explica en que subxénero dramático encadrarías esta peza e por que. A C T I V I D A D E S Na fonda No cuarto dunha fonda . Mentres Casiano e Don Mauro desfán as maletas e van acomodando a roupa nun vello e encanastrado armario, a patroa da fonda abre as contras das ventás con moita disposición e dei xa que o cuarto se encha de luz. PATROA: Este él les o cuarto mái s soleado que temos libre. Ten moi boa vista . Miren , dende esta ventá vese unha das torres da catedral . DON MAURO : Deus llo pague, señora . PATROA: Os días que veñan comer terán que me avisar ant es. Facemos o xusto. E aínda qu e aquí non l l e tiramos nada , que todo vai para os animais, non están os tempos para cebar porcos co que se fai para que coma a xentiña de ben . O ano non está sendo moi bo. DON MAURO : Avisarémola , perda coidado. A señora sae do cuarto coa mesma disposición con que entrou . DON MAURO : Antes de comezarmos a lle buscar as cóxegas ao asunto, déixame lavar un pouco. Tárdache, non si? CASIANO : Certamente, algunha que outra dúbida razoable teño. DON MAURO : En ti dubidar en vez de virtude é vicio. Veña , cúspeas todiñas! CASIANO : Este subsolo debe estar cheo de sepulturas. E a que vimos podería ser a de calquera . D O N MAURO : Non s e e n t e r ra a c a l qu e ra a o p é do a l t a r maior dunha basílica catedral . Roberto Vidal Bol año, As actas escuras (adaptación) A Marquesiña Chámanl l e a «Marqu e siña» e o s seus p e íño s endexamais se calzaron . Va i á f on t e , d e p e l i c a p a t a c a s e ch áma n l l e a «Marquesiña». Non foi á escola por non ter chambra que pór e chámanlle a «Marquesiña». Non probou máis lambetadas que unha pedra de azucre e chámanlle a «Marquesiña». A súa nai é tan probe que traballa de xornaleira na casa do Marqués. E aínda lle chaman a «Marquesiña»! Castel ao, Cousas (adaptación) 1 No relato faise énfase no alcume da protagonista. Indica por que ese alcume constitúe un paradoxo. 2 Cantas veces aparece o alcume no texto? Analiza que efectos produce esa repetición. 3 Explica como se complementan o texto e a ilustración. Reflicte a ilustración o paradoxo contido no texto? A C T I V I D A D E S 29
RkJQdWJsaXNoZXIy