Inverno Chove, chove na casa do probe e no meu corazón tamén chove. Dor da mau encallecida , dor da xente aterecida de frío polos camiños. Dor dos vellos e meniños. Dor dos homes desherdados e dos que están aldraxados. Mágoa da ferida allea . Dor dos que están na cadea , dos que sofren a inxustiza e viven baixo a cobiza . Mágoa e loito por tanto pranto que escoito. No meu peito, sulagado, soturno1, fondo, calado, un río de amor se move. Chove, chove na casa do probe e no meu corazón tamén chove. Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra 1 soturno: triste, sombrío. Da medida das cousas Ti di s : Gali ci a é b en p equ ena . Eu dí go ch e : Gali ci a é un mundo. Cada terra é como se fora o mundo enteiro. Pod eral a and ar en p ouc o t emp o do Nor t e para o Sur, do Lest e para o Oest e noutro tanto; poderala volver andar outra vez e máis; non a has dar andado. E de cada vez que a andes, has atopar cousas novas e outras has botar de menos. Pode ela ser pequena en extensión ; en fondura , en entidade, é tan grande como queiras e, desde logo, moito meirande de como ti a ves […]. Do grandor do teu espírito depende todo: canto máis pequeno sexa , máis terra preci sará . Se o t eu pensar é fondo, a túa t erra , para ti , non t erá cabo, nel a estará o mundo todo con todos os seus climas. Se o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampouco: Galicia é ben pequena ; es ti , que endexamais poderás concibir nada grande. Vicente Risco, Leria (adaptación) A N T O L O X Í A D E T E X T O S 1 Que tipo de versos ten o poema? Ten rima? Xustifícao analizando unha estrofa. 2 A expresión «Chove, chove na casa do probe» é un dito popular. Explica a idea condensada neste verso e o efecto que consegue o autor ao repetilo ao inicio e ao final do poema. 3 Localiza exemplos de anáfora e paralelismo no poema. Como se relaciona o uso destes recursos de repetición co carácter popular que presenta o estilo da composición? 4 Emilio Batallán musicou este poema de Celso Emilio. Explica en que medida os recursos estilísticos que analizaches nel contribúen a que sexa máis fácil convertelo nunha peza musical. A C T I V I D A D E S 1 Este texto está construído a partir dunha antítese inicial. Explica como se vai articulando o seu contido ao fío desa contraposición de ideas. 2 Unha das claves do texto está no seu final: «Se o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampouco: Galicia é ben pequena. Es ti, que endexamais poderás concibir nada tan grande». Explica o significado da parte destacada relacionándoa co tema xeral do texto. A C T I V I D A D E S 30
RkJQdWJsaXNoZXIy