1 COMPRENSIÓN E ANÁLISE 1 Como se reflicte no título, este texto retrata unha personaxe. Indica que aspectos dela e da súa biografía se describen e identifica en que parte se presenta cada un. 2 Explica os procedementos empregados para expresar os efectos do paso do tempo na vida e no aspecto da protagonista. 3 Propón unha estruturación do texto en partes, atendendo ao transcurso cronolóxico da historia. 4 Explica o significado dos catro substantivos que aparecen entre parénteses. Verifica se esas palabras funcionan como unha marca temporal no texto. 5 Analiza os versos e a rima da composición lírica que aparece ao final e indica a que subxénero pertence. 6 Este relato en prosa ten un carácter lírico acentuado nalgunhas secuencias. Localiza eses fragmentos e xustifica esta afirmación. REFLEXIÓN E INTERPRETACIÓN 7 Organizádevos en grupos de cinco e localizade as cinco referencias a feitos históricos que hai no texto. A continuación, traballade sobre elas seguindo estes pasos: Cada membro do grupo elaborará un informe sobre un deses feitos históricos. Coa información reunida entre todos, determinaredes en que época concreta viviu a protagonista. 8 Existen moitos xeitos de transmitir a historia. No texto menciónanse varios modos populares de transmisión, e algúns deles utilizan formas literarias específicas. Analiza os modelos de transmisión asociados á personaxe de Maripepa e responde as seguintes preguntas: Que forma literaria en verso das que se mencionan no texto está asociada ao relato de feitos históricos? Localiza un exemplo. Que formas de carácter musical aparecen vinculadas ao lecer? C O M E N T A R I O L I T E R A R I O Maripepa Tal se chamaba a nai da miña Nai . Viña dunha familia de certa avoenza que foi decaendo. Un irmán dela adquiriu graos na guerra carli sta e morreu cego en Francia ; outro, andou entre os xesuítas de Bos Aires, e alá quedou para sempre. Un terceiro, labrego e facedor de bombos, cumpriu de vel lo un anceio agarimado longamente: foi a Xerusalén . Ela endexamai s saíu desta comarca . Amaba o seu pequeno mundo. Non tivo escola , pero sabí a de l ei s e dábal l es cabal arranxo ás contas máis encerelladas. Era leda coma un axóuxere. Denantes de casar, a fins do século pasado, repenicaba a pandeireta os domingos no campiño da igrexa . E a mocidade (refaixo e dengue, mon t e i ra e c a l zón) pun t e ab a mu i ñ e i ra s a t a que anoitecía . Co andar do tempo, esmorecen , silandeiros, os domingos; non hai aturuxos no campiño; as ferreñas apousan esquecidas. A sempre alegre Maripepa ten engurras na faciana e belidas nos ollos, e comenza a ser avoa , coma quen dis agarimosa nai segunda , de sete netos. Sobreponse a todas as angueiras. Cóntan o s l e r i o s do s f ran c e s e s , v a i s ab orean do ro - mances que ela escoitou de pequena . E mentres arro l a o berce canta hi stori as, feitos qu e inda resoan en nós con lonxano engado: a morte violenta de Prim na rúa do Turco, o submar ino al emán qu e lu xou a s au ga s do canal d a Manga , ou aquilo de: Ai , Carme, Carmiña Ai , morreu , morreu , que pena me dás, déi xao morrer, na guerra de Cuba que para Carmiña morreuche o rapaz. rapaz ha de haber. Neira Vil as, Lar (adaptación) 31
RkJQdWJsaXNoZXIy