5 Fíxate nesta viñeta de Luís Davila (o Bichero) e contesta. Que mensaxe transmite? É unha mensaxe crítica? Por que? Que símbolos non lingüísticos tiveches que interpretar para poder entender a mensaxe? Cales deses símbolos son arbitrarios? Que simboliza o puro? De que tipo son os coñecementos necesarios para sabelo? Son de carácter lingüístico? Que información sobre a actualidade e sobre a sociedade deben compartir o autor da viñeta e o seu receptor para que se transmita eficazmente a mensaxe que se pretende comunicar? 6 Explica que coñecementos comparten estes falantes, ademais de manexar a mesma lingua. –Son máis das tres. –Entón máis que xantar, cearemos. –É un conto realista? –Relativamente. Máis ben ten un aire cunqueiriano. –Entón a entrevista foi dura. –Abofé. O director someteume a un interrogatorio case inquisitorial. –Que tipo de decoración ten a casa? –O salón é demasiado barroco. 7 Indica as implicaturas que hai detrás destas secuencias comunicativas. Cal é a intención do emisor en cada caso? –Poderiamos facer quendas para non levar todos o coche a diario. –Eu non teño nin o teu teléfono nin o teu correo electrónico. Falta leite. (Situación: antes de saír da casa.) Mañá madrugamos. (Situación: na casa, á noite, vendo a tele.) –Canto hai que non cortas o pelo? –Hoxe saio cedo do traballo. (Situación: persoa que se dirixe aos seus amigos.) 8 Analiza as seguintes intervencións atendendo á situación en que se producen e indica que problema comunicativo detectas en cada unha delas. Situación: corredor dun instituto. –Vou á biblioteca, que hai un ensaio de teatro que me interesa. –E a que hora é? Situación: vagón dun tren; pasaxeiro que se dirixe ao revisor. –Dime se é esta a miña estación. Situación: entrevista de traballo. –Bo día, pase. Séntese logo e comezamos coa entrevista. –Tráioche o currículo por se lle queres botar un ollo. Situación: edificio público. –Desculpe, pódeme indicar onde están os aseos? –Aquí mesmo está o de machos e alí, o de femias. Situación: mercado. –Póñame medio quilo de cítricos de seis centímetros de diámetro, por favor. A partir da análise anterior, responde. En cal dos casos se observa unha falta de competencia lingüística? Por que? En que casos existe competencia lingüística pero non competencia comunicativa? LITERATURA 9 Identifica os recursos estilísticos que se empregaron no seguinte poema e explica en cada caso que efecto provocan e que elementos do contido resaltan. Terra de proseguir e non dar nada , despaciosa Galicia que nos levas acochados en ti! Lento veleno que pon nos ollos unha cousa verde! Lingua que me enche a boca enteiramente e coma un río interno me asolaga . Quero dicir teu nome e digo apenas xente de terra , homes lentamente un por un devecendo e sendo nada . Galicia coma un río que se estiña , terra de esmorecer, patria do vento! Quero dicir teu nome e digo dorna baleira , mergullada dorna negra , grande arado sen bois, feira sen xente, noite que vén , enorme noite fría ... Quixera alzar meu canto coma un puño e pór na miña voz teu nome ergueito pero non hai ninguén para escoitarme. Xosé Luís Méndez Ferrín, Poesía enteira de Heriberto Bens Revisa todas as expresións que se empregaron no poema para referirse a Galicia e analiza que imaxe da realidade galega transmiten. Que sensacións suxiren? 10 Procura polo menos dous exemplos de recursos estilísticos empregados en textos publicitarios, ben no ámbito escrito, ben no audiovisual. Indica de que recursos se trata e con que propósito se utilizaron. Explica por que cres que é frecuente o uso de recursos estilísticos no ámbito publicitario. Despois, compara a finalidade con que se utilizan eses procedementos estilísticos na publicidade e na literatura. 1 33 L I N G U A / L I T E R A T U R A
RkJQdWJsaXNoZXIy