1. As unidades comunicativas TEXTO (artigo dunha revista) ENUNCIADO (chapa para promocionar o galego) O Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega presentou os resultados dun estudo sobre a avaliación da competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de 4.º da ESO. Nel constátase que, aínda que de xeito global a xeración Z ou dos centennials remata a Secundaria obrigatoria cunha competencia aceptable nas dúas linguas oficiais, máis dun 35 % do alumnado castelanfalante ten unha escasa competencia en galego, mentres que o alumnado galegofalante amosa un dominio similar nos dous idiomas. gciencia .com (adaptación) As unidades lingüísticas As disciplinas que se encargan da descrición e do estudo científico das linguas adoitan botar man dunha serie de unidades que a todos nos resultan xa moi familiares polos seus nomes: sons, fonemas, sílabas, palabras, frases, oracións, etc. Estas unidades denomínanse unidades lingüísticas. Para definir e identificar este tipo de unidades utilízanse características propiamente lingüísticas que fan referencia á estrutura interna , ao significado e ás posibilidades de combinación dos elementos lingüí sticos. Por exemplo, unha sílaba é unha unidade composta por un ou varios sons que se pronuncian nun único golpe de voz e que poden combinarse con outras sílabas para formar palabras (CO-E-LLO); unha oración é unha unidade de tipo sintáctico que ten como elemento principal un verbo e que pode estar constituída por varias palabras relacionadas entre si . As unidades lingüísticas teñen distinto grao de complexidade e ademais non todas el as están asoci adas a un signi f icado. O coñecemento das uni dades lingüí sticas axúdanos a comprender o funcionamento dunha lingua e tamén nos facilita a súa aprendizaxe. /a/ ca casa na casa Miña irmá quedou na casa Fonema Sílaba Palabra Frase Oración (Fonoloxía) (Fonoloxía) (Morfoloxía) (Sintaxe) (Sintaxe) As unidades comunicativas A comunicación verbal humana supón a utilización de unidades lingüísticas para construír mensaxes que sir van para expresar ideas, feitos, propósitos, sentimentos, etc. As unidades que utilizamos para comunicarnos e que teñen un valor comunicativo nunha situación determinada denomínanse unidades comunicativas. A diferenza das unidades lingüísticas, as unidades comunicativas sempre teñen significado e ademais sempre son autónomas, é dicir, expresan unha idea completa e non están vinculadas lingüisticamente a outras unidades. Por outra parte, as unidades comunicativas poden ser simples ou poden agruparse en unidades superiores. A unidade comunicativa máis pequena é o enunciado e a maior e máis complexa é o texto. 1. 2. 1 7 C O M U N I C A C I Ó N
RkJQdWJsaXNoZXIy