252776

O enunciado O enunciado considérase a unidade comunicativa máis elemental, ten sentido completo e é sintacticamente autónomo. Na lingua oral os enunciados sitúanse entre dúas pausas; na lingua escrita acostuman sinalarse cunha puntuación destacada (puntos). Unha única palabra pode constituír un enunciado, pero o máis común é que o enunciado estea formado por unha agrupación de palabras. A palabra SAÍDA escrita nun cartel por riba dunha porta ou un FÓRA! pronunciado con enfado, coa man apuntando para o exterior e mirando directamente a alguén, constitúen enunciados que nos contextos axeitados son interpretados sen ningunha ambigüidade. Tamén é un enunciado a oración Non hai entradas para o concerto enviada como mensaxe de texto por teléfono a unha amiga. Estes tres exemplos son unidades comunicativas autónomas que cobran sentido completo en actos comunicativos en que o emisor da mensaxe e o seu destinatario comprenden sen dificultade o significado e o propósito que perseguen. O texto O texto considérase a unidade superior de comunicación . Cando falamos ou cando escribimos construímos unidades comunicativas complexas conformadas por varias oracións vinculadas entre si e di spostas de xeito organi zado. Estas unidades, que tanto poden ser orais coma escritas, son os textos. A extensión dos textos é moi variable: un texto pode estar constituído por un único enunciado que pode ser unha soa palabra (SAÍDA) ou por centos de palabras e oracións vinculadas entre si (un discurso parlamentario, unha conversa entre amigos, unha novela de mil páxinas, etc.). Os textos son sempre utilizados cun determinado propósito, nunha situación comunicativa concreta e seguindo unha serie de convencións e regras de uso comunicativo que tanto emisor coma receptor coñecen . Aspectos pragmáticos da comunicación As activ idades de produción e int erpretación das unidades comunicativas están ligadas ao coñecemento do código lingüí stico e tamén a un conxunto de factores relacionados co contexto, coa situación comunicativa e cos coñecementos dos falantes. Estes tres últimos elementos denomínanse aspectos pragmáticos da comunicación e contribúen a darlles sentido aos textos. Os elementos pragmáticos máis relevantes da comunicación son o emisor das mensaxes, o destinatario das mensaxes, a situación comunicativa e o propósito da comunicación e o compromiso de emisor e receptor co tema . Por outra parte, as mensaxes que utilizamos teñen asociados unha serie de contidos que son complementarios aos que derivan da interpretación literal das unidades lingüísticas. Trátase das presuposicións e das implicaturas. As presuposicións son os significados que damos por sentado ou presuposto e que se basean no coñecemento previo compar tido polos par ticipantes na comunicación . Se estamos sentados á mesa para xantar e alguén di Falta a auga, este enunciado implica que acostumamos beber auga para xantar e que habitualmente hai unha xerra ou unha botella de auga na mesa á hora da comida . As implicaturas son signif icados adicionai s ao signif icado literal das mensaxes e que o receptor é capaz de inferir a partir do coñecemento da intención do falante. As implicaturas están ligadas directamente coa situación comunicativa . Se estamos sentados á mesa para xantar e alguén di Falta a auga, con seguridade entenderemos que a intención do emi sor deste enunciado non é só describir unha situación , senón conseguir que alguén se levante da mesa e traia auga . 3. 4. 5. Características do texto É unha unidade con sentido completo. É autónomo desde o punto de vista sintáctico. Está constituído por elementos vinculados entre eles e dispostos de maneira organizada. Resulta adecuado na situación comunicativa en que se utiliza e para o asunto de que trata. Non ten unha extensión limitada. 8 C O M U N I C A C I Ó N

RkJQdWJsaXNoZXIy