Construír un texto A maioría dos textos que utilizamos na vida diaria para comunicarnos construímolos de maneira inmediata e con pouca ou ningunha reflexión previa (conversa con alguén, chamada de teléfono, resposta a unha mensaxe de texto, etc.). Con todo, cando precisamos elaborar textos complexos e máis extensos, o proceso de construción acostuma ser máis demorado e reflexivo. Antes de poñérmonos a escribir un traballo para unha materia ou presentar unha exposición oral, procuramos reflexionar sobre o noso propósito (contar, convencer, pedir desculpas, demostrar os nosos coñecementos, etc.), seleccionar e ordenar a información que queremos expresar e escoller o mellor modelo textual para compoñer o texto. 1. Seguindo o modelo do texto que se ofrece na páxina 7, elabora textos escritos (100 palabras) a partir dos seguintes enunciados. Busca información naqueles casos en que o precises. 2. Os elementos pragmáticos son moi relevantes para a comunicación e para a correcta interpretación dos textos. Elabora un guión para unha exposición oral combinando un tema e un contexto dos que se propoñen a continuación. Procura que a selección de formas pronominais, léxico, tempos verbais e extensión dos enunciados sexa a máis adecuada para cada contexto. Revisar Identificar o propósito comunicativo Xerar ideas ou buscar información Escoller o modelo de texto Escribir o texto, o esquema ou o guión Seleccionar a información Ordenar e estruturar a información 1 Existen enunciados constituídos por unha única sílaba? E por un único fonema? Se a túa resposta é afirmativa, ofrece algúns exemplos. 2 Busca no libro a definición de oración e a de enunciado; a partir delas responde as seguintes preguntas e pon exemplos ilustrativos: Son oracións todos os enunciados? Son enunciados todas as oracións? Teñen todas as oracións independencia sintáctica? Existen enunciados sen verbo? 3 Sinala cales das seguintes secuencias poden interpretarse como enunciados. Pero eu non podo ese día. Ola! A conta, por favor. Non o sei. Os exames xa están corrixidos. Xa! Libro de reclamacións. Chegada. Será mellor que esperes Quen cho dixo? un pouco máis. Describe os contextos que permiten interpretar como enunciados as secuencias que sinalaches. A C T I V I D A D E S Temas Contextos Vantaxes e inconvenientes do turismo de masas (o Camiño de Santiago). Animais domésticos na casa. Maioría de idade, aos 18 ou antes? O sexismo nos medios de comunicación. O control de pais e nais no uso das novas tecnoloxías. O emisor non coñece os destinatarios da súa mensaxe. Os destinatarios son persoas de maior idade ca o emisor. Os destinatarios son rapaces de 10 anos dun país asiático (comprenden o idioma). A situación comunicativa é unha reunión da ANPA. 1 Máis teléfonos móbiles ca ordenadores (noticia de prensa). A Casa da Xuventude organiza un obradoiro de monólogos (mensaxe de correo). Fomento do uso do galego nas redes sociais por parte da mocidade (chío de Twitter). 94 % de aprobados nos exames de acceso á Universidade (noticia de prensa). O venres a biblioteca permanecerá pechada (nota para colocar na porta). O que arde, unha das producións máis importantes do cine galego (recensión). 9 C O M U N I C A C I Ó N
RkJQdWJsaXNoZXIy