188 Imos de aventuras! Quen non soñou con viaxar a afastadas i l las , a selvas inexploradas ou a di stantes estrelas do universo? E con descubr i r o fei to mi ster ioso que se agocha nun vel lo pazo deshabi tado? Se es unha aventurei ra ou un aventurei ro, seguro que gozarás moi to con estes marabi l losos l ibros , uns magní f icos compañei ros cheos de max ia e de humor que te transpor tarán a mundos asombrosos e diver t idos . Anímaste a emprender a viaxe da lectura? Lectura 1. Seis contos que, grazas aos seus suxestivos títulos, chamarán a túa atención. Ademais, cando comeces a ler, cada un destes breves relatos sorprenderate de xeito moi grato. Todas estas historias preséntanche uns personaxes cunhas profesións interesantísimas. Aínda que son fantásticas, non estaría mal que existisen na realidade. Le c t u r a 2 . Unha divert ida histor ia en verso, cuns personaxes moi especiais, entre os que non fal ta un simpát ico papagaio. A tr ipulación ao completo vai á busca dun tesouro. Atoparano? Que acontecerá durante a travesía? Volverán todos sans e salvos? Espérache un f inal sorprendente. Lectura 3. Dúas obras de teatro que poderás ler e mesmo representar en grupo. Son moi di ferentes unha doutra. Na pr imei ra, o vel lo Noé, coa súa arca chea de animal iños, enfróntase ao di luvio e a toda clase de imprevistos. Na segunda, un traveso neno non para de enredar e de enlearse moi t ísimo.
RkJQdWJsaXNoZXIy