131 ITINERARIO LITERARIO LECTURA 1. Neko Neko mexa nas botas dun policía Menos mal que, finalmente, te deixaron comigo. Eu tíñao moi claro, xa llo avisei á señora desde o principio. Se non é co can, eu non entro. –Pero a ver, Xoana, tes que entender… –dixo tentando convencerme. Non entendo nin atendo, que NON. Sabía que ao final había de saír coa miña. Tamén che digo unha cousa, que lle mexases nos pés a aquel garda da entrada non axudou nadiña. Eu dicíndolle á señora das lentes que te por tabas moi ben, que nin ladrabas nin nada e ti, ras!, tremenda mexada que lle botaches naquelas botas lustrosas. –Pois se Neko non entra, eu tampouco –espeteille. –Chámase Neko? De onde vén o nome, de nécora? –Non, que vai vir de nécora…! Neko significa gato en xaponés e eu quería ter un gato, coma nos cómics de Chi, unha familia que atopa unha gatiña abandonada e pásanlle cousas moi diver tidas coa mica. Debe ser unha señora ben impor tante, porque os homes de uniforme póñense firmes cando ela pasa xunta deles. Ao seu carón, síntome poderosa eu tamén. Conteille a historia de como viñeches á casa, para ver se a convencía de que me deixase entrar contigo. –Pois un día ía da escola para a casa e sentín un laído baixiño e, por moito que eu miraba, non vía nada… ata que me decatei de que o ruído proviña do colector do lixo. Tiven que subirme a unha caixa de froita que había no chan para levantar a tapa do colector. Non pode nin imaxinar o moito que fedía. –Vaia, que valente fuches…! –Había unha caixa pechada con fita adhesiva e de aí viñan os laios. Pensaba que dentro dela había un gato, ou unha gata, coma o dos meus contos de Chi. Cando abrín a caixa, decateime de que ese gato era moi estraño. Tardei un cacho en darme conta de que era un cadelo branquiño coma unha folerpa, da mesma cor ca a gata de Chi. –E leváchelo para a casa. –E como non o ía levar! Deille sopiñas de leite con pan e, coa calor do meu corpo, quedou durmido. Decidín non contarlle nada a mamá… Non sei o que lle pasou á señora pola cabeza. Ao momento, abriu o seu enorme bolso e, sen que ninguén se decatase, prendeute polo lombo e, ras!, para dentro do bolso. Se vises a cara que puxeches, co susto… Despois colleume da man e entramos no edificio, diante dos fociños dos gardas de seguridade. Eva Mejuto Neko (adaptación)
RkJQdWJsaXNoZXIy