COMUNICACIÓN ORAL TAREFA 1. Anunciar unha festa no colexio 1 Cóntalle á clase o que lembres dalgunha festa en que participases. • Que festa era? Cando e onde se celebrou? Con quen fuches? Que xente participaba? • Que actividades houbo na festa: xogos, baile, concursos…? En cales participaches? • Como o pasaches? Que foi o que che gustou máis? • Como soubeches da festa: por unha invitación, por un anuncio, porque cho dixo alguén?… 2 En grupos de catro, falade destas festas e anotade as vosas conclusións respecto destas preguntas. Despois poñede en común co resto da clase. • En que mes se celebra cada festa? Onde se adoita celebrar: na casa, na rúa, nun parque…? • Que actividades relacionadas con cada festa adoitades facer no voso colexio? • Cales das cousas que facedes vos parecen máis divertidas? Hai algo que non vos guste? 3 Que lle dirías a un amigo ou amiga para que asista contigo a unha festa? Di, en voz alta e coa énfase axeitada, as frases que che parezan oportunas. Explica por que escolliches esas frases e propón algunhas outras. 4 Propoñede maneiras de anunciar unha festa de forma oral e de forma escrita e explicade que habería que facer en cada proposta. An d a , v e n ! Í mo l o p a s a r x e n i a l ! Po i s m i r a q u e e s a b u r r i do ! Va i s e r d i v e r t i do ! No n a pod e s p e rd e r ! X a v e r á s q u e b e n o p a s a s ! An í ma t e ! Se n o n v é s , p rob l ema t e u ! T i o p e rd e s ! Festa do Día das Letras Galegas Festa dos Maios Festa do Entroido Festa do Magosto Festa do Samaín Festa do Nadal 9
RkJQdWJsaXNoZXIy