267461

5 Escoita e responde. •  Que colle Roi na caixa do correo? •  Quen os convida a unha festa? •  Que será unha festa temática? • Que datos da celebración se comunican no escrito? Cóntalle a un compañeiro ou compañeira o contido da invitación. 6 Le este anuncio en voz alta coma se fose emitido por unha emisora de radio. Entoa con énfase as oracións interrogativas, imperativas e exclamativas. 7 En parellas, preparade o texto para anunciar unha festa que se vai celebrar na escola. •  Podedes escoller algunha das propostas na actividade 2 ou outra que queirades. •  Para preparar o guión, anotade toda a información importante: en que consiste a festa, cando se vai realizar, en que espazo do colexio, quen vai participar, que actividades vai haber… •  Redactade o texto do que ides anunciar e pensade algunhas frases para animar a xente a participar. •  Decidide que parte do anuncio vai ler cadaquén, utilizade un dispositivo axeitado e gravade o voso anuncio. Presentádelle o audio do anuncio á clase; ou se é posible, lédeo a través da megafonía do colexio. Gústache observar o ceo nocturno? Interésanche as estrelas e as constelacións? Ven celebrar a GRAN FESTA DAS ESTRELAS! A Asociación CEOS organiza unha xuntanza para observar a chuvia de estrelas. Ah! E non esquezas traer unha manta e roupa cómoda! De noite vai fresquiño! Pedídelle ao resto da clase que valore o voso anuncio. CONT I DO – Demo s i n f o rma c i ó n c l a r a e c o n c re t a ? – P re s e n t amo s a c t i v i d a d e s i n t e re s a n t e s ? PRONUNC I A – F a l amo s c u n h a e n t o a c i ó n e c u n v o l ume a x e i t a do s ? COMPROBAMOS COMO O F I XEMOS Esperámoste no monte Outeiriño o vindeiro sábado a par tir das 23 horas. Convenceuvos a proposta que se anunciou? 10

RkJQdWJsaXNoZXIy