Os re l a t o s de f i c c i ón c i en t í f i c a, a d i f e re n z a do u t r a s n a r r a c i ó n s f a n t á s t i c a s , b a s e a n o s mu n do s i ma x i n a r i o s q u e p re s e n t a n n a s po s i b i l i d a d e s q u e o f re c e n o s a v a n c e s d a c i e n c i a e d a t e c n o l o x í a . Os f e i t o s , po l o t a n t o , s emp re a c o n t e c e n n o f u t u ro , q u e pod e s e r má i s o u me n o s a f a s t a do . Ad ema i s d e s e s a v a n c e s c i e n t í f i c o s , e s t e t i po d e re l a t o s a do i t a n t r a t a r t ema s s o c i a i s , c oma o s c amb i o s d e c o s t ume s q u e s e p rod u c e n n a v i d a d a x e n t e , po r e x emp l o . COMPETENCIA LECTORA • REL ATO DE FICCIÓN CIENTÍFICA TAREFA 7 As lembranzas de Fátima Desde a varanda, a velliña ollou a cidade. O nome dela era Fátima e tiña a pel escura e os ollos tan negros e vivos coma cando era unha nena. Fátima viu os xardíns que penduraban dos rañaceos daquela Compostela incrible. Si, por todas as par tes había árbores que medraban en terrazas aber tas nas paredes e nos tellados. Eran castiñeiros, bidueiros e carballos coas pólas inzadas de paxariños. Mirando máis ao lonxe, a muller fixouse en como centos de flores solares de cristal se abrían para captar a enerxía que alimentaba os fogares de media Galicia. Sorriu feliz. Pola rúa, a xente camiñaba, ía en bicicleta e a rapazada brincaba dentro dunhas burbullas voadoras, Os Estalotes, chamábanlles. Tamén se vían autobuses eléctricos levitando sobre estradas baleiras. Fátima pensou entón en cando era moza, lembrou como as persoas viaxaban en coches, altamente contaminantes, e como o planeta quecera ata poñer en perigo a vida de todas as especies. Canto mudaran as cousas desde entón! 49
RkJQdWJsaXNoZXIy