L E O U N C O N T O Unha compañeira especial Erguinme nervioso, moi cedo. Pola noite espertei varias veces coma se tivese algo buligándome dentro. Prendín a luz. Mamá apareceu na porta cun bonito sorriso. –Ola! Xa espertaches! Almorzamos? Non esperou a que respondese. Comezamos a movernos pola casa en silencio. Deixaramos todo preparado do día anterior, agás uns bocados para a hora do recreo: unha froita e un queixiño cuns paus de pan que gardei na mochila. Como era o primeiro día, esta pesaba pouco. Cepillei os dentes, carguei a mochila ás costas e agardei por mamá na porta da entrada. –Hai tempo, tranquilo –sorría, pero notábaa estraña. Ademais, é que era o meu primeiro día naquel colexio! Mudaramos de residencia había pouco e descoñecía quen serían os meus compañeiros e compañeiras. Que intriga! A escola estaba pintada de verde e tiña grandes ventás. Nada parecido ao colexio do curso anterior, de cor escura. Gustábame tamén que tivese árbores. No patio había marcados números no chan para distribuír os grupos. Busquei o 2, pois eu entraba en segundo de Primaria. Estaba só. Mamá saudaba e sorría desde fóra. Claves de LECTURA A bo ritmo Ao ler en voz alta, é moi importante facelo sen présas. Ademais, debes prestar atención aos diferentes signos de puntuación para realizar a pausa que corresponde a comas e puntos. Le o conto a un bo ritmo, nin moi lento nin demasiado rápido. 14
RkJQdWJsaXNoZXIy