Mentres agardaba, pensaba en como sería o comedor, se tería xardín coma o outro colexio, se a biblioteca tería mascota... Non me dera tempo a imaxinar quen daría clase cando se achegou unha rapaza. –Es novo en segundo? –preguntoume. Afirmei coa cabeza. –Chámome Cova. –Non serás tamén unha nena nova, non? –dixen eu. –Máis ou menos... Nova son, pero non son unha nena, son unha robot. –Unha robot! –exclamei sorprendido. –Shhhhh! Segredo! Dígocho a ti porque somos «os novos» e temos que axudarnos! Mireina en fite por ver se era unha brincadeira para me facer rir ou facerse a interesante. Busqueille as mans por se tiña catro dedos en vez de cinco, pero levábaas pechadas suxeitando a mochila. Deixamos de falar porque comezaban a chegar os demais. Cova chiscoume un ollo e só engadín: –Chámome Lucas. Sorrimos os dous. Sería aquilo o comezo dun curso xenial? María Canosa 1 O b r a d o i r o d e c r e a t i v i d a d e S E E U F O S E . . . > IMAXINA que ti es Lucas e responde estas preguntas: Que pensarías de Cova cando dixo que era unha robot? Que farías para comprobar a verdade? Que lle dirías? Explica as túas ideas na clase. buligándome: movéndose rapidamente. intriga: enorme curiosidade. en fite: fixamente. 15
RkJQdWJsaXNoZXIy