288929

Gravacións UNIDADE 1 Presentar a alguén BREIXO: Ola, Mar! MAR: Ola, Breixo! BREIXO: Estou buscando a miña amiga Uxía. Ví - chela? MAR: Non a coñezo. Pero se me dis como é, quizais che poida axudar… BREIXO: É a l ta e del gada , de pel morena . Ten os cabelos longos e negros, e sempre os leva atados nunha coleta. MAR: É aquela rapaza de alá? BREIXO: É, si, éche ela! Moitas grazas, Mar. Queres que cha presente? É moi simpática! MAR: Que ro, c l a ro ! Sempre es tá ben comeza r o curso facendo novos amigos. UNIDADE 2 Dramatizar unha situación de compra ANTÓN: Boa tarde, Henrique! TENDEIRO: Ola, Antón! Ola, Carmela! CARMELA: Ola! TENDEIRO: E logo que vai ser? ANTÓN: Queriamos un paquete de arroz, un cartón de leite, catro iogures de amorodo e un quilo de pexegos. TENDEIRO: Teño de todo menos os pexegos, que se acabaron pola mañá. ANTÓN: Oíches, Carmela? Non quedan pexegos. Que froita queres que merquemos? CARMELA: Mmmm… A ver… Non che sei… Gústancheme todas… ANTÓN: Pois collemos un quilo de mazás. E se nos animamos despois, podemos facer unha torta para merendar. Que che parece? CARMELA: Paréceme perfecto, papá! TENDEIRO: Velaquí tedes o arroz, o leite, os iogures e as mazás. Algunha cousiña máis? ANTÓN: Non, grazas. Xa temos todo. Canto é? TENDEIRO: Son 7 euros en total. ANTÓN: Toma, Henrique. Douche xusto. Moitas grazas e deica a próxima. TENDEIRO: Grazas a vós. Deica logo! CARMELA: Deica logo! UNIDADE 3 Contar unha experiencia ADESTRADORA: Bo día a todos! NENOS: Bo día, Marta! ADESTRADORA: A semana pasada aprendemos a dar un pinchacarneiro cara adiante. Lembrades? NENOS: Siiiii! ADESTRADORA: Pois hoxe imos aprender a dar un pinchacarneiro cara atrás. ANTÓN: Marta, eu xa o sei facer! Ensinoumo miña irmá na casa. ADESTRADORA: Moi ben, Antón. ALDARA: E eu tamén. Aprendín a facelo o ano pasado na clase de ximnasia rítmica. ADESTRADORA: Per fecto, Al dara , as í tere i dous axudantes: ti e Antón. Poñédevos ao meu lado e i de segu i ndo as i nd i cac i óns para ens i nar l l es aos vosos compañe i ros como se fa i . Pr ime i ro, tedes que sentarvos na colchoneta cos xeonllos flexio - nados e o queixo intentando tocar o peito. Así, moi ben. Despois, tedes que poñer as mans á altura das orellas coas palmas cara arriba. Perfecto. A continuación, sen cambiar a posición da cabeza e das mans, debedes impulsarvos cara atrás coa axuda das pernas. E, finalmente, tedes que acabar a volta completa coa axuda das mans. Iso é! Mooooi ben. Un aplauso para Antón e Aldara, que o fixeron de marabilla.

RkJQdWJsaXNoZXIy