371050

Que é unha pa i saxe? 22 vinte e dous Unha paisaxe é todo o que vemos desde un lugar. Nunha paisaxe hai elementos naturais, como montañas, árbores ou ríos. Tamén pode haber elementos construídos polas persoas, como casas, estradas, pontes, túneles... As paisaxes cambian de aspecto de forma natural co paso do tempo. As persoas tamén transforman as paisaxes para adaptalas ás súas necesidades. Paisaxes de interior As paisaxes de interior están situadas lonxe do mar. Poden ser de montaña ou de chaira. Nas paisaxes de montaña hai montañas e serras. Tamén vales, bosques e ríos estreitos. Nas chairas hai ríos largos e pode haber outeiros. As terras son chás e moi apropiadas para a agricultura. Paisaxes de costa A costa é a terra que está á beira do mar. Na costa podemos encontrar cantís, praias, cabos e illas. Explícalle á clase como é a paisaxe do lugar onde estiveches de vacacións ou ao que che gustaría ir.

RkJQdWJsaXNoZXIy