26 vinte e seis Lemos un poema 1 Escoita o poema A noite dá medo. 2 Por que lle dá medo a noite? Completa con dúas opcións. A noite tan negra, tan longa e escura dáme moito medo se non sae a Lúa. Por veces, na cama, fico moi esperta escoitando a noite na súa conversa. Un silencio longo, despois un ladrido, máis tarde unha porta renxe un alarido. Se é noite de vento, axítanse as cousas e fan mil ruídos unhas coas outras. Que medo me acode cando estou soíña! A casa é un castelo do patio á cociña, cheo de pantasmas, de ogros e meigas, e de homes do saco que sacan manteigas. María Xosé Lamas Le o poema introducindo estes sons despois de cada palabra destacada. porque todo está escuro porque non lle gusta a Lúa porque se escoitan ruídos porque non dorme na cama Dálle medo a noite Bau, bau! Cras! Cataplún! Aiiiiiiiiiiiii! Fiuuu!
RkJQdWJsaXNoZXIy