371050

8 oito O can de palleiro Desde que nacera, había tan só dous meses, León compartía xogos e comida cos seus tres irmáns e coas súas tres irmás. A vida era fácil e divertida. Unha mañá chegaron uns seres moi rariños, pensou el, pois só andaban con dúas patas, e levaron dous dos seus irmáns. Mamá chorou, mais León pensou que xa non tería que pelexar tanto por pillar unha teta libre. A alegría duroulle pouco. Aquel mesmo día, pola tarde, volveron máis seres de dúas patas e levárono a el. Pensou en mamá chorando e tamén el sentiu ganas de chorar. Con todo, axiña se puxo contento, porque un daqueles seres levábao no colo e, aínda que non era mamá, acariñábao coma se o fose. Deitárono nunha camiña quente e tivo que aprender a lamber o leite dun caneco. Ademais, un dos bípedes pequenos xogaba con el coma se fose calquera dos seus irmáns. Un día, os bípedes marcharon nunha caixa con rodas e León quedou só. Ao primeiro ouveou, mais, cando notou que xa lle doía a gorxa, decidiu saír a explorar. O terrazo dianteiro da casa acabou e atopouse tripando unha terra Conto

RkJQdWJsaXNoZXIy