nove 9 mol, salpicada de plantas. Fozou un pouco, fixo as súas necesidades e, xa aburrido, deu cun ser que nunca antes vira. Unha cabeza longa, rematada nunha cara bastante fea para o seu gusto de can, sobresaía dunha coiraza. León pensou que tiña que ser un animal ben raro, non tiña explicación o feito de que comese plantas. Decidiu chamar a súa atención trabándolle no pequeno rabo que sobresaía da coiraza. Este xogo adoitaba facelo cos seus irmáns. Trabou e agochouse detrás dunhas tomateiras, mentres esperaba que o becho viñese buscalo e o trabase a el. Mais aquel ser xirou sobre si mesmo lentamente e engruñou o rabo dentro da coiraza. Nin deu a volta. León ladrou. Tentou dicirlle que só quería xogar. O becho non falaba o seu idioma e rematou por agochar tamén a cachola naquela tremenda coiraza. O noso can de palleiro aburriuse e marchou detrás dun gato que vira na xanela da cociña. Raquel Castro QUE CHE PARECEU. Quen son os seres rariños que só andan con dúas patas, é dicir, os bípedes? Marca e explica por que o sabes. seres humanos aves
RkJQdWJsaXNoZXIy